Ao mercar artesanía estase a adquirir un produto único e irrepetible. Un produto, podería dicirse, de luxo e prestixio dirixido a esa inmensa minoría de persoas amantes e coñecedoras do auténtico. Un produto de calidade creado á man co saber facer dun artesán, coa súa adicación e o seu cariño.
Mercar artesanía fomenta a cultura, os oficios milenarios, as tradicións propias dunha terra... É un recoñecemento ao verdadeiro valor dos produtos cun signo de identidade propio, orixinais, exclusivos e elaborados de forma artesanal fronte aos fabricados en serie e de forma industrial nun mundo dominado por franquías e marcas globalizadas.
Mercar artesanía é, ademais, unha clara aposta pola sostibilidade e o respecto polo medio ambiente.